-XIMNASIA DE MANTEMENTO-
Consiste en levar a cabo pequenas sesións que axudan a conservar o peso e á mellora da saude física. Esta actividade permite manter un bo estado físico durante un largo período de tempo, os principais beneficios son: Favorece o desarrollo pulmonar e cardíaco, tonifica a masa muscular e aumenta o volume dos músculos, prevén a osteoporose, mellora a autoestima, prolonga a lonxevidade, protexe o corpo contra enfermidades cardiovasculares, hipertensión, obesidade, etc…
Horarios: Esta actividade está pensada para 2 sesións semanais de 1 hora de duración. Espazos necesarios: para o desarrollo desta actividade será necesaria unha aula ampla libre de obstáculos como podería ser o ximnasio ou aula polivalente.
A quen vai dirixido: Esta actividade vai dirixida a todos aqueles adultos que así o desexen.
Número mínimo e máximo de participantes: o número de participantes por grupo será de 10 mínimo, 20 máximo.
-PILATES-
Céntrase na alienación do corpo e está orientado ó benestar físico e espiritual, toma o abdome como centro da gravidade do corpo xunto cos músculos da pelve, abdominais, lumbares, de cadeira e de glúteos. Trabállase dende os músculos máis profundos ata os máis superficiais. A respiración é un dos piares fundamentais nestes exercicios, xa que facilitan a respiración, aumentan a capacidade respiratoria e a eficacia do osíxeno.
Horarios: Esta actividade está pensada para 3 sesións semanais de 1 hora de duración. Espazos necesarios: para o desarrollo desta actividade será necesaria unha aula ampla libre de obstáculos como podería ser o ximnasio ou aula polivalente.
A quen vai dirixido: Esta actividade vai dirixida a todos aqueles adultos que así o desexen.
Número mínimo e máximo de participantes: o número de participantes por grupo será de 10 mínimo, 20 máximo.
-INFORMATICA-
Nesta actividade tratamos de acercar o mundo dixital a todas aquelas persoas que non tiveron a oportunidade. Será un proceso de iniciación e contacto coas novas tecnoloxías dando a coñecer a importancia das mesmas na sociedade e a axuda que nos poden proporcionar na vida cotiá.
Horarios: Esta actividade está pensada para 3 sesións semanaisde 1 hora de duración. Espazos necesarios: para o desarrollo desta actividade será necesaria un aula de informática.
A quen vai dirixido: Esta actividade vai dirixida a todos aqueles adultos que así o desexen.
Número mínimo e máximo de participantes: o número de participantes por grupo será de 10 mínimo, 20 máximo.